Xuntanza Club de Lectura de FP

A última xuntanza do Club de Lectura de FP da biblioteca foi todo o que nos gusta que sexa: libros, risas e bo rollo do bo. Falamos de La sangre manda de Stephen King, compartindo impresións, teorías e ese punto inquietante que tanto nos engancha… e, para rematar, fixemos a entrega de agasallos do noso amigo invisible lector. Resultado: acertos de pleno, […]

Xa temos os micrófonos listos!!

Xa temos os micrófonos listos!!Un grupo de profesorado do noso centro ven de rematar a súa formación en radio escolar como recurso didáctico.Aprendemos nocións básicas de radio, diferentes formatos de elaboración de guións e creación de podcasts.Á volta do Nadal despegamos con voz propia para traballar a comunicación, a creatividade, o traballo en equipo e […]

Novos Cinemas

Os estudantes das materias Cultura Audiovisual e Proxectos Artísticos acudiron onte ao Teatro Principal a gozar, da man do Festival Novos Cinemas e Suso Novás, o seu director, dun encontro coa autora Coral Piñeiro. Despois do visionamento de varios traballos da creadora, participaron nunha charla que resultou do máis inspiradora para as súas futuras curtametraxes. […]

Crónica club de lectura FP

O pasado luns 17 de novembro xuntámonos para falar dun clásico que nunca envellece: ¿Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick, a novela que inspirou a peli  Blade Runner.  A sesión foi unha viaxe entre cables e grandes preguntas : que nos fai humanas e humanos? A memoria? A empatía? As eleccións que tomamos cando ninguén mira? […]

3ª Ed. InnovaTech FP

Aceptamos o reto! O noso alumnado e profesorado de FP participou na xornada de lanzamento do programa InnovaTech FP deste curso, celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Nesta nova edición, 9 equipos de alumnos e alumnas do IES Frei Martín Sarmiento traballarán na procura de solucións innovadoras aos retos tecnolóxicos […]

Feria Etiqueta Negra

O alumnado de CS Dietética e Laboratorio visita a Feira da Alimentación Etiqueta Negra que se celebrou en novembro no Recinto feiral de Pontevedra. Alí puideron degustar diferentes produtos gourmet, DOP e considerados produtos de artesanía alimentaria. Unha mañá moi apetitosa!

Mundo audiovisual en Cultural

O alumnado de 1° de PDC e o de 4° ESO da materia de Expresión Artística asistiron ao Culturgal o venres 28 de novembro. Participaron nunha charla moi interesante sobre o mundo do audiovisual galego e visitaron os postos de diferentes empresas relacionadas coa nosa cultura. Animámosvos a que vos pasedes na fin de semana, […]

CULTURGAL

Esta fin de semana tivemos o privilexio participar no Culturgal de Pontevedra coa exposición do traballo do alumnado de Bacharelato de Artes Plásticas de 2º de Bacharelato. O venres pasado acudiron os protagonistas a visitar a súa mostra e a coñecer os traballos artísticos amosados no pavillón adicado ás Artes en Galicia, así como os […]

Xenética e oncoloxía

O pasado luns 24, no ciclo de T-CAE ordinario, tivemos a sorte de contar con Nahir, bióloga e investigadora, e con Uxía, coordinadora de voluntariado da AECC. Nahir ofreceunos unha charla apaixonante sobre a xenética e o seu papel no desenvolvemento oncolóxico, achegándonos dunha forma clara e próxima a importancia da investigación. Pola súa parte, […]

CAMIÑO VIOLETA

Este martes, con motivo do 25 N, rapazas e rapaces de 1º ESO C fixeron o camiño das frechas violetas en compañía de alumnado do IES Valle-Inclán e do IES Sánchez Cantón. No percorrido leron poemas como reivindicación en contra da violencia de xénero. Tamén houbo unha parada na Casa Azul, onde puideron ver a […]