Xa temos os micrófonos listos!!
Un grupo de profesorado do noso centro ven de rematar a súa formación en radio escolar como recurso didáctico.
Aprendemos nocións básicas de radio, diferentes formatos de elaboración de guións e creación de podcasts.
Á volta do Nadal despegamos con voz propia para traballar a comunicación, a creatividade, o traballo en equipo e dar protagonismo ao alumnado como parte activa da aprendizaxe. 💫💫🎙️🎙️

