
Celebración das Letras Galegas na Deputación de Pontevedra
O grupo participante no recital poético-musical do Día do Libro asistiu a unha actividade teatral na Deputación de Pontevedra o 22 de maio. A obra,
Ofrecemos un ensino humano e técnico que trata de formar as persoas para seren capaces de integrarse no mundo social, laboral e profesional, promovendo cantas iniciativas ó seu alcance se poidan fomentar para acadar a dimensión pública e social necesarias para unha integración axeitada na sociedade actual así como para a adquisición dos coñecementos necesarios que permitan a continuidade dos estudios ata o nivel universitario.
Como centro público, defínese ideoloxicamente neutral, respectando as ideas políticas e relixiosas de tódolos membros da comunidade escolar, renunciando a todo tipo de adoutrinamento ou sectarismo.
Respecto á lingua, recoñécese o dereito de tódolos membros da comunidade escolar a utilizar calquera das dúas linguas oficiais, galego e castelán, dentro do que en cada intre fixen as normativas do Estado e da Xunta de Galicia.
A metodoloxía procurará o consenso entre os membros, para acadar a cooperación necesaria para a consecución dos obxectivos comúns, en beneficio do alumnado.
Atendendo á diversidade dos alumnos /as buscaranse aprendizaxes que se integren na rede de coñecementos previos do individuo, contribuíndo ó desenvolvemento das súas facultades intelectuais. Compre ter en conta que o alumno/a non só se está a formar académicamente, senón que ó longo da súa permanencia no Instituto debe velarse pola súa formación como persoa, estimulando actitudes e valores como a tolerancia, responsabilidade solidariedade e o espiritu crítico que faciliten a socialización dos alumnos e alumnas.
Fomentamos a creación dun ambiente de traballo sereno, no que impere o respecto, a colaboración e a reflexión.
Na xestión institucional poñemos en práctica un modelo de xestión participativa e democrática que facilite que tódolos componentes da comunidade educativa dispoñan dos medios de información, consulta e decisión precisos para conquerir a integración nos obxectivos comúns así coma na gobernabilidade do Instituto según o previsto na lexislación vixente.
Nome: Instituto de Ensino Secundario “Frei Martín Sarmiento”
Enderezo:Avenida de Vigo, 23.
Código Postal: 36003
Localidade: Pontevedra
Concello: Pontevedra
Provincia: Pontevedra
Teléfono: +34 986 852 654
Fax: 986.852.066
E-mail: ies.freimartin.sarmiento@edu.xunta.gal
Web: iesfreimartinsarmiento.com
A historia do I.E.S. Frei Martín Sarmiento remóntase ó ano 1932, co nacemento da “Escuela Elemental del Trabajo”, nela impartíanse ensinanzas profesionais de Electricidade, Madeira e Metal.No ano 1955 convértese en “Escuela de Maestría Industrial”, con ensinanzas de Oficialía e Mestría Industrial das ramas antes mencionadas.
No ano 1969 engádense as ramas de Electrónica, Delineación e Automoción, no ano 1972 iníciase a rama de Perruquería e Estética e, de xeito experimental, a rama de Administrativo e Comercial seguindo o novo plan de estudios de “Formación Profesional”. Neste mesmo ano constituiuse a A.P.A. do Centro.
Coa entrada en vigor da Lei Xeral de Educación do 71, o Centro adquire a denominación de “Instituto Politécnico de Formación Profesional” no ano 1974, adaptándose ó novo plan de estudios da Formación Profesional. Neste ano créase unha asociación de antigos alumnos/as, na actualidade desaparecida.
No ano 1979 polo aumento da demanda de postos escolares, escíndense as ramas de Madeira, Automoción e Electrónica, que pasan a constituir o Instituto de Formación Profesional da Xunqueira.
Unha nova división no ano 1987, dará lugar ó Instituto de Formación Profesional de Monteporreiro, na actualidade IES “Luis Seoane”.
No ano 1993 prodúcese unha nova ampliación coas ensinanzas da rama de Servicios á Comunidade, que funcionou como extensión nas aulas do Instituto Torrente Ballester ata finais do curso 1996-97, que foi transferida ó Instituto de Bacharelato “Xunqueira I”.
A última transferencia de ensinanzas foi no ano 2000, cando a Familia Profesional de Delineación pasa a implantarse no IES “Torrente Ballester.
Coa entrada en vigor da Lei Xeral de Educación, o Instituto adquire a denominación de Instituto Politécnico de Formación Profesional, que conserva ata que coa Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE) pasa a ser Instituto de Educación Secundaria, co nome de I.E.S. “Fr. Martín Sarmiento”, desde o ano 1998.
Director
Jose L. Vázquez Carpintero
Vicedirectora
Belén Padrón García
Secretario
Manuel Fariña Casanova
Xefa de Estudios (Diurno)
Cristina González Pérez
Xefe de Estudios (Nocturno)
Francisco Alján González
Consello Escolar
Claustro de profesores
Comision de Coordinación Pedagóxica
Departamento de Orientación
Titoría de alumnos
Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Persoal non docente
Xunta de Delegados
ANPA XOCAS
Diurno (sesións de 50’):
Adultos (sesións de 50’):
Pendente de engadir.
Aquí tes dispoñible toda a documentación relativa ás Eleccións do Consello Escolar.
O grupo participante no recital poético-musical do Día do Libro asistiu a unha actividade teatral na Deputación de Pontevedra o 22 de maio. A obra,
Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para
O grupo de 1º de Bacharelato de Artes do IES Frei Martín Sarmiento queremos convidarvos a visualizar a nosa exposición “Desde a fiestra”, que temos
Unha nova edición do Correlingua onde o noso instituto estivo representado polo alumnado de 1⁰ ESO e 1⁰ PDC. Ao berro de “Na casa, na