IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Xuntanza Club de Lectura de FP

A última xuntanza do Club de Lectura de FP da biblioteca foi todo o que nos gusta que sexa: libros, risas e bo rollo do bo.

Falamos de La sangre manda de Stephen King, compartindo impresións, teorías e ese punto inquietante que tanto nos engancha… e, para rematar, fixemos a entrega de agasallos do noso amigo invisible lector. Resultado: acertos de pleno, moitas gargalladas e recomendacións que xa quedan na lista de pendentes.

Grazas a todos os membros do club polo ambiente tan bonito que creades en cada encontro.
Seguimos lendo, compartindo e desfrutando xuntas.

Boas festas e por un 2026 cheo de novas lecturas!

#ClubDeLecturaFP #Biblioteca FMS#StephenKing #LecturasCompartidas #AmigoInvisibleLector #BoRollo #FPFreiMartinSarmiento #BoasFestas

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email