O pasado luns 24, no ciclo de T-CAE ordinario, tivemos a sorte de contar con Nahir, bióloga e investigadora, e con Uxía, coordinadora de voluntariado da AECC.
Nahir ofreceunos unha charla apaixonante sobre a xenética e o seu papel no desenvolvemento oncolóxico, achegándonos dunha forma clara e próxima a importancia da investigación.
Pola súa parte, Uxía explicounos os diversos tipos de voluntariado que ofrece a AECC e como calquera de nós pode contribuír a mellorar a vida das persoas afectadas polo cancro.
Grazas ás dúas por compartir o voso tempo, coñecemento e compromiso.

