Esta fin de semana tivemos o privilexio participar no Culturgal de Pontevedra coa exposición do traballo do alumnado de Bacharelato de Artes Plásticas de 2º de Bacharelato.
O venres pasado acudiron os protagonistas a visitar a súa mostra e a coñecer os traballos artísticos amosados no pavillón adicado ás Artes en Galicia, así como os produtos culturais de institucións, asociacións, editoriais e un longo etcétera.








