IES FREI MARTÍN SARMIENTO

CAMIÑO VIOLETA

Este martes, con motivo do 25 N, rapazas e rapaces de 1º ESO C fixeron o camiño das frechas violetas en compañía de alumnado do IES Valle-Inclán e do IES Sánchez Cantón. No percorrido leron poemas como reivindicación en contra da violencia de xénero. Tamén houbo unha parada na Casa Azul, onde puideron ver a labor que leva a cabo a Asociación ASAMPO en memoria das víctimas de violencia de xénero. Para finalizar, fixémonos unha foto na maceira que temos no vestíbulo, inspirada no poema de Elisabeth Oliveira, “As que non fomos arroladas”

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email