IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Crónica club de lectura FP

O pasado luns 17 de novembro xuntámonos para falar dun clásico que nunca envellece: ¿Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick, a novela que inspirou a peli  Blade Runner

A sesión foi unha viaxe entre cables e grandes preguntas : que nos fai humanas e humanos? A memoria? A empatía? As eleccións que tomamos cando ninguén mira?

Entre páxinas falamos de IA, identidade e futuro próximo. Esta obra, malia ser do século pasado, describe dun xeito certeiro o noso presente: traballo e automatización, soidade nas grandes cidades, coidados, a necesidade de sentir que pertencemos a algo. 

Unha marabillosa xuntanza chea de risas e reflexións, que agardamos non se perdan no tempo como bágoas na choiva. Vémonos na próxima sesión — traede paraugas… e curiosidade!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email