Crónica club de lectura FP

O pasado luns 17 de novembro xuntámonos para falar dun clásico que nunca envellece: ¿Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick, a novela que inspirou a peli Blade Runner. A sesión foi unha viaxe entre cables e grandes preguntas : que nos fai humanas e humanos? A memoria? A empatía? As eleccións que tomamos cando ninguén mira? […]