UN DEUS SALVAXE DE TALÍA TEATRO

O alumnado de 1°de Bacharelato B e C asistiu no Teatro principal á obra de teatro “Un deus salvaxe” de Talía teatro no pase que o Concello reserva en horario escolar dentro do programa Ponteatro.Tras a actuación, houbo unha pequena charla na que os rapaces e as rapazas consultaron aos actores dúbidas sobre escenografía, posta […]

PRIMEIRO PROXECTO ERASMUS KA 171!! 

A nosa escola vai participar por primeira vez nun proxecto KA 171 do programa Erasmus+. O pasado xoves celebrouse a primeira reunión na cal se formalizou o consorcio do que formamos parte. Nas próximas semanas informarase o profesorado sobre as mobilidades do proxecto.

ERASMUS+: OPENING MINDS, BREAKING DOWN BARRIERS

A pasada semana o exalumno de CM Instalacións Eléctricas, Adrián Sieiro, compartiu varias charlas co alumnado de ciclos e bacharelato. O contido das charlas non estivo baseado unicamente nas oportunidades que ofrece o programa Erasmus+. A idea principal foi poñer encima da mesa diferentes temáticas para facer reflexionar ao alumnado desde outra perspectiva: que estudo? […]

Roteiro Castelao

Parte do noso EDL acudiu o pasado venres ao Roteiro Intercentros de Castelao, no que tamén participou. Tocoulles explicar a importancia da Rúa da Oliva para Castelao e leron o discurso “Alba de gloria”, o relato “A marquesiña” e o “Meu Pontevedra”. Ademais de volver ser protagonistas 😉😉 nunha entrevista coa radio, tamén escoitaron ofertas […]

Saída ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro

O pasado 24 de outubro o alumnado de 1º de ESO puido desfrutar dunha saída didáctica ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) organizada polos departamentos de Educación Plástica e Xeografía e Historia. Nesta visita, que incluía un taller, o alumnado achegouse ao coñecemento histórico das comunidades prehistóricas, ao seu modo de […]

Pontevedra & Vimmerby unidas con Erasmus +

Dúas profesoras suecas da escola técnica de Formación Profesional situada en Vimmerby, Ewa Will e María Ewing, realizaron unha estancia de observación os días 21,22 e 23 de outubro no IES Frei Martín Sarmiento. As docentes coñeceron o sistema educativo español, percorreron as instalacións da escola, asistiron a varias clases con diferentes grupos de alumnado: […]

Club de lectura

O pasado luns 20 de outubro arrancamos o curso no Club de Lectura con O príncipe da néboa de Carlos Ruiz Zafón. Coma sempre, houbo debate, risas, dilemas e ata unha celebración de aniversario. Ademais, sumáronse novas lectoras e lectores cheos de enerxía.A próxima parada? Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.Próxima […]

Xornadas de Primeiros Auxilios no IES Frei Martín Sarmiento

O pasado luns 27 de outubro celebramos unhas completas e moi enriquecedoras xornadas de Primeiros Auxilios, organizadas polo Departamento de FOL e dirixidas a todo o alumnado de 1º curso de FP. A actividade foi impartida polos técnicos de ASGATE, aos que queremos agradecer de corazón a súa dedicación, profesionalidade e bo facer.  Un agradecemento moi especial a Alfredo, pola súa entrega […]

Fotografía Filosófica

O Departamento de Filosofía pon en marcha o Concurso de Fotografía Filosóficadirixido a todo o alumnado de Bacharelato (1º e 2º). Animádevos a filosofar a través da lente. Deixade que a vosa mirada faga preguntas.