Taller de hixienizado capilar para persoas encamadas

O 24 de outubro o alumnado de 2º de Peiteado e de CAE participou nun taller na Clínica 1 do IES Frei Martín Sarmiento, impartido polas profesoras Claudia Sillero e Patricia Diz. Tras unha breve explicación, o alumnado puido poñer en práctica as técnicas aprendidas, unha experiencia moi útil para a súa futura carreira profesional. […]
Celebramos os #ErasmusDays no noso centro!

Este ano desenvolvemos a actividade“Erasmus 360º”, un proxecto multidisciplinar no que profesorado de FP, Secundaria e Bacharelato rendiron homenaxe a Erasmo de Róterdam.Cada departamento achegou a súa visión e creatividade, culminando nunha exposición final que recolle todo o traballo realizado. 💡🌍 Grazas a toda a comunidade educativa por facelo posible! 💙 #ErasmusDays #ErasmusPlus #Erasmus360 #Educación
Visita a Inditex en Arteixo

O pasado mércores 22 tivemos o privilexio de visitar as instalacións de Inditex en Arteixo, onde puidemos descubrir de primeira man como funciona o seu modelo de negocio integrado: dende o aprovisionamento ata as tendas piloto, pasando polos departamentos de product managers, deseño, patronaxe, costura, vendas en liña, informática, recursos humanos e mesmo o estudio fotográfico […]
Rolda de prensa Roteiro Castelao

Unha representación do equipo do EDL asistiu á rolda de prensa de presentación do roteiro intercentros de Castelao.Falaron para os medios sobre a figura de Castelao e a súa vida na vila, así coma a importancia deste tipo de actividades, que achegan á rapaza unha figura tan importante.
VISITA DO BARBEIRO MANUEL GONZÁLEZ

O alumnado de 2º curso do ciclo de Peiteado e Cosmética capilar recibiu unha visita moi especial. Manuel González, exalumno do noso centro, convertido hoxe en emprendedor ao fronte da súa barbería en Arcade (Emege Barber Studio) compartiu connosco a súa traxectoria, chea de ilusión, esforzo e paixón polo oficio. 💈✂️ Grazas, Manuel, por volver ás aulas […]
El equipo Erasmus + continúa abriendo puertas por Europa

La semana del 13 al 17 de octubre los docentes, Sabela Souto y Óscar García, estuvieron en el centro de Formación Profesional Angereds Gymnasiet en Gotemburgo a través del proyecto Erasmus 2024-1-ES01-KA121-VET-000213650. Durante su estancia se estableció un acuerdo de colaboración entre ambas escuelas, como resultado del mismo se llevarán a cabo movilidades de alumnado […]
Saída á lonxa de Campelo

O alumnado de 2° ESO realizou unha saída para coñecer un pouco máis de preto o mundo do marisqueo.Baixaron á praia para ver como sacaban a ameixa e, os máis preparados, puideron meterse de cheo.Andrés, o biólogo da lonxa de Campelo, deu unha charla moi interesante na que aprenderon sobre a importancia das correntes, a […]
PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN

Animádevos a participar nos concursos do Samaín. O xoves 30 haberá sorpresas terroríficas no Frei!!
Rizando o Rizo

O pasado sábado Vera, Ainara, Laila, Roberto, Dani, Abel, Jorge de 2º de Peiteado e Cosmética capilar participaron nunha nova edición do encontro Rizando Rizo que organizou o concello de Pontevedra nas Galerias da Oliva. Coa axuda e supervisión da profesora Patricia Diz, ofreceron servizos de peiteado, esmaltado de uñas e corte masculino con grande […]
Baile galego 1º ESO

O alumnado de 1º da ESO gozou dunha divertidísima sesión de baile galego impartida por Artur Puga. Entre “patadas”, “pisadas de formiga” e mesmo algún “paso de discoteca”, aprenderon a deixar fluír o ritmo da música e a moverse con certa graza😜. A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística, a través dunha das […]