O pasado sábado Vera, Ainara, Laila, Roberto, Dani, Abel, Jorge de 2º de Peiteado e Cosmética capilar participaron nunha nova edición do encontro Rizando Rizo que organizou o concello de Pontevedra nas Galerias da Oliva. Coa axuda e supervisión da profesora Patricia Diz, ofreceron servizos de peiteado, esmaltado de uñas e corte masculino con grande demanda por parte do público asistente, que tivo que gardar cola para desfrutar dos seus servizos. Noraboa rapaces por participar nesta iniciativa!






