IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Visita a Inditex en Arteixo

O pasado mércores 22 tivemos o privilexio de visitar as instalacións de Inditex en Arteixo, onde puidemos descubrir de primeira man como funciona o seu modelo de negocio integrado: dende o aprovisionamento ata as tendas piloto, pasando polos departamentos de 
product managers, deseño, patronaxe, costura, vendas en liña, informática, recursos humanos e mesmo o estudio fotográfico no que se retratan modelos e produtos. Todo isto permitiunos comprender como unha empresa en constante expansión articula os seus procesos. Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Mercedes Ferrer por acompañarnos, amosarnos a compañía e transmitirnos con verdadeira paixón a súa filosofía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email