O pasado luns 20 de outubro arrancamos o curso no Club de Lectura con O príncipe da néboa de Carlos Ruiz Zafón. Coma sempre, houbo debate, risas, dilemas e ata unha celebración de aniversario. Ademais, sumáronse novas lectoras e lectores cheos de enerxía.
A próxima parada? Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.
Próxima reunión o luns 17 de novembro. Imos a por máis historias e boas conversas.
Agardamos por vós!
