Club de lectura

O pasado luns 20 de outubro arrancamos o curso no Club de Lectura con O príncipe da néboa de Carlos Ruiz Zafón. Coma sempre, houbo debate, risas, dilemas e ata unha celebración de aniversario. Ademais, sumáronse novas lectoras e lectores cheos de enerxía.A próxima parada? Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.Próxima […]
Xornadas de Primeiros Auxilios no IES Frei Martín Sarmiento

O pasado luns 27 de outubro celebramos unhas completas e moi enriquecedoras xornadas de Primeiros Auxilios, organizadas polo Departamento de FOL e dirixidas a todo o alumnado de 1º curso de FP. A actividade foi impartida polos técnicos de ASGATE, aos que queremos agradecer de corazón a súa dedicación, profesionalidade e bo facer. Un agradecemento moi especial a Alfredo, pola súa entrega […]
Fotografía Filosófica

O Departamento de Filosofía pon en marcha o Concurso de Fotografía Filosóficadirixido a todo o alumnado de Bacharelato (1º e 2º). Animádevos a filosofar a través da lente. Deixade que a vosa mirada faga preguntas.