IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Xornadas de Primeiros Auxilios no IES Frei Martín Sarmiento

O pasado luns 27 de outubro celebramos unhas completas e moi enriquecedoras xornadas de Primeiros Auxilios, organizadas polo Departamento de FOL e dirixidas a todo o alumnado de 1º curso de FP.

A actividade foi impartida polos técnicos de ASGATE, aos que queremos agradecer de corazón a súa dedicación, profesionalidade e bo facer

Un agradecemento moi especial a Alfredo, pola súa entrega e implicación constante, que fan destas sesións unha experiencia didáctica e moi pero que moi divertida .

Estas xornadas recordáronnos unha vez máis a importancia de saber actuar ante unha emerxencia e o valor que ten formarse en primeiros auxilios para poder axudar aos demais. 

#PrimeirosAuxilios #FOL #FP #ASGATE #IESFreiMartínSarmiento #Formación #Seguridade #Educación

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email