A pasada semana o exalumno de CM Instalacións Eléctricas, Adrián Sieiro, compartiu varias charlas co alumnado de ciclos e bacharelato. O contido das charlas non estivo baseado unicamente nas oportunidades que ofrece o programa Erasmus+. A idea principal foi poñer encima da mesa diferentes temáticas para facer reflexionar ao alumnado desde outra perspectiva: que estudo? por que? Que obxectivos teño? Importancia das linguas estranxeiras? Que buscan as empresas?. Importancia da actitude/coñecemento? Estou nunha zona de confort? Grazas a todo o alumnado e profesorado pola implicación/participación en todas as actividades!!!
