O pasado 24 de outubro o alumnado de 1º de ESO puido desfrutar dunha saída didáctica ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) organizada polos departamentos de Educación Plástica e Xeografía e Historia. Nesta visita, que incluía un taller, o alumnado achegouse ao coñecemento histórico das comunidades prehistóricas, ao seu modo de vida e tamén ás súas manifestacións culturais e expresións artísticas.






