Os estudantes das materias Cultura Audiovisual e Proxectos Artísticos acudiron onte ao Teatro Principal a gozar, da man do Festival Novos Cinemas e Suso Novás, o seu director, dun encontro coa autora Coral Piñeiro. Despois do visionamento de varios traballos da creadora, participaron nunha charla que resultou do máis inspiradora para as súas futuras curtametraxes. Queremos agradecer novamente a Suso Novás esta experiencia que, como todos os anos, sempre resulta de grande interese para o noso alumnado.


