Novos Cinemas

Os estudantes das materias Cultura Audiovisual e Proxectos Artísticos acudiron onte ao Teatro Principal a gozar, da man do Festival Novos Cinemas e Suso Novás, o seu director, dun encontro coa autora Coral Piñeiro. Despois do visionamento de varios traballos da creadora, participaron nunha charla que resultou do máis inspiradora para as súas futuras curtametraxes. […]