Taller de Microscopio

O alumnado de 1º de CS de Dietética e CS de Laboratorio Clínico realizo un un taller de microscopio de papel co apoio da Fundación Bill e Melinda Gates. Crearon un microscopio pregable que se adapta aos teléfonos móbiles e que permite apreciar as imaxes coma nun microscopio de laboratorio. As novas tecnoloxías non deixan […]

Visita de Kiko da Silva

Visita de Kiko da Silva hai uns días, Kiko da Silva veu facernos unha visita e compartiu co alumnado de 1º de Bacharelato de Artes aspectos moi interesantes da banda deseñada e tamén da actualidade. Que experiencia tan enriquecedora! Moitas grazas Kiko… e ata cando queiras! Moitas grazas tamén ao Departamento de Normalización Lingüística por […]

Día Mundial da Auga

Onte, celebrando o Día Mundial da Auga, a Tropa do Clima, un colectivo de rapaces e rapazas dos diferentes institutos de Pontevedra, concentrouse na contorna do Río Gafos para limpar a súa beira e plantar árbores. Este ano estamos moi contentos porque son moitos os institutos que se sumaron a esta fermosa acción posta en […]

Día da Poesía

O martes 21 de marzo (Día da Poesía) visitounos a escritora Mónica García para falarnos do seu libro Biografía dun corpo (Premio Gran Angular) que leu o alumnado de 4.º da ESO. A charla foi moi amena porque falou tanto de creación literaria como de experiencias vitais das que sempre se poden extraer ensinos. Ao […]

Bdra Gráfica

[:gl] O grupo de 1º de Bacharelato de Artes asitíu á inauguración das I Xornadas de Banda Deseñada en Pontevedra, Bdra Gráfica, organizadas Kiko da Silva na nosa cidade. A data elixida, 17 de marzo, coincide coa da primeira publicación da revista TBO, e a partir deste ano pasa a ser o Día Nacional da […]

Viaxe a París

O alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato de Francés está gozando moitísimo da súa viaxe a París xunto coas súas profesoras Pilar Lozano e María Bravo… e quixeron compartir con nós estas fermosas fotografías…Seguide divertíndovos… e xa nos contaredes!

Charlas e fotos cos maiores

O martes e mércores da pasada semana o alumnado de 3º de PDC, 1º de Bacharelato A e 4º de ESO C participante no proxecto “Fotografía en curso”, visitou aos residentes da Residencia de maiores de Campolongo acompañado polas súas profesoras Mercedes Sans e Emma Alonso. Agradecemos a Juanjo, o director da Residencia, a súa […]

Intervención Artística

Queremos rematar a semana do 8M agradecendo as formidables intervencións artísticas realizadas polo alumnado de Debuxo Artístico I, do 1º de Bacharelato de Artes, coa súa profesora Emma Alonso. Seguindo os deseños de Alba Lores Freire e Antía Mouriño García, encheron de luz o corredor das escaleiras, adicando unha fermosa e colorida homenaxe a todas […]

Viaxe de estudos a Dublín

Entre o 18 e o 25 de febreiro, 15 alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato do noso centro realizaron unha viaxe de estudos a Dublín no que desfrutaron dunha semana de inmersión linguística organizada polo departamento de inglés en colaboración coa axencia Nubra e a EC School of English da capital irlandesa. […]