IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Intervención Artística

Queremos rematar a semana do 8M agradecendo as formidables intervencións artísticas realizadas polo alumnado de Debuxo Artístico I, do 1º de Bacharelato de Artes, coa súa profesora Emma Alonso. Seguindo os deseños de Alba Lores Freire e Antía Mouriño García, encheron de luz o corredor das escaleiras, adicando unha fermosa e colorida homenaxe a todas as mulleres. Parabéns polo resultado!
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email