IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Bdra Gráfica

[:gl]

O grupo de 1º de Bacharelato de Artes asitíu á inauguración das I Xornadas de Banda Deseñada en Pontevedra, Bdra Gráfica, organizadas Kiko da Silva na nosa cidade. A data elixida, 17 de marzo, coincide coa da primeira publicación da revista TBO, e a partir deste ano pasa a ser o Día Nacional da Banda Deseñada. Despois da presentación de Kiko, puidemos gozar de dous obradoiros moi interesantes e da visita aos postos de libros e material de Belas Artes. No primeiro obradoiro, impartido por Fon, aprendemos un montón de cousas sobre Creación de Cels de Dragon Ball e incluso fixemos un.No segundo, Jorge Campos compartiu con nós o seu traballo creativo con moita xenerosidade. Pasámolo en grande!
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email