IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Día Mundial da Auga

Onte, celebrando o Día Mundial da Auga, a Tropa do Clima, un colectivo de rapaces e rapazas dos diferentes institutos de Pontevedra, concentrouse na contorna do Río Gafos para limpar a súa beira e plantar árbores. Este ano estamos moi contentos porque son moitos os institutos que se sumaron a esta fermosa acción posta en marcha o ano pasado polo noso instituto xunto co IES Sánchez Cantón: o IES Torrente Ballester, IES Valle Inclán, IES Xunqueira I e IES Xunqueira II.

Para esta actividade contamos co apoio da Concellería de Desenvolvemento Sostibel e Medio Natural de Pontevedra. Queremos agradecer a todos os participantes o seu traballo!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email