Fallo dos certames de fotografía matemática

Desde o IES, queremos felicitar aos gañadores dos diferentes certames da Semana Matemática… Animádevos a participar o vindeiro curso de novo!
Concurso de Fotografía Matemática 2022/23

Durante a semana do 24 ao 28 de abril celebrouse no IES Frei Martín Sarmiento a Semana das Matemáticas organizada polo Departamento de Matemáticas e coa colaboración do Departamento de Debuxo. Ao longo da semana realizáronse distintas actividades como xogos matemáticos e de inxenio nos recreos, o VII concurso de fofografía matemática, o concurso de […]
Novos cinemas e historia

O grupo de 1º de Bacharelato de Artes volveu acudir ao Teatro Principal de Pontevedra, invitado polo Festival “Novos Cinemas”. Os rapaces e rapazas puideron ver unha orixinal e interesante película titulada “Un cielo impasible”, sobre a Guerra Civil e a Memoria Histórica, e participaron nunha rolda de preguntas ao seu director David Varela, acompañados […]
Roteiro Elas, Mulleres produtoras executivas

A pasada semana, os grupos de 4º de ESO gozaron da visualización dunha curtametraxe documental nunha actividade titulada “Roteiro Elas, Mulleres produtoras executivas”. Desfrutaron tamén da visita de dúas produtoras galegas que compartiron con grande xenerosidade, as súas experiencias traballando no sector cinematográfico e televisivo. O alumnado tivo a oportunidade de facer moitas preguntas sobre […]
Orbil Parque Boleira

Que orgullosos estamos do noso Orbil! Estavos agardando no Parque Boleira… non deixedes de ir visitalo! Grazas novamente á organización do @salondolibrodepontevedra por contar con nós un ano máis… Agardamos que o noso Orbil vos guste tanto coma a nós!
Día do Libro

O luns 24 de abril conmemoramos o Día do Libro na biblioteca do centro cun recital de poesía en todas as linguas impartidas nel: galego, castelán, francés e inglés. Tras a lectura de cada un dos textos, escoitouse unha das súas versións musicadas. Todo o acto se acompañou coa montaxe audiovisual realizada pola profesora Esperanza […]
Asociación de Familias de Menores Trans
Hai uns días visitou o IES Frei Martín Sarmiento Cristina Palacios de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. Ao longo de tres sesión polas que pasaron alumnado da ESO, Bacharelato e FP Básica escoitaron con atención e entusiasmo a charla que levaba por título “Diversidade afectivo-sexual, igualdade de oportunidades e contra a LGTBIfobia”. Ao […]
Cata de té
“Cata de té” no laboratorio dos alumnos do C. S. Dietética coa sumiller de tés internacionais Laura Rodríguez (TETERETA Vilagarcía). A cata realizouse en dúas partes, a primeira con valoración de 5 tipos de té (branco, verde, azul, bermello e negro) e a segunda parte realizando o ritual do té co tè matcha japonés.
ORBIL

[:gl] Os artistas de 1º de Bacharelato de Artes estamos a traballar arreo dando xa os últimos retoques ao noso querido ORBIL…Dentro duns días irase de paseo á zona do Parque Boleira… Ide visitalo! [:en]The artists of the 1st Bachillerato de Artes are working hard giving the final touches to our beloved ORBIL…In […]
Expo “A cidade é a pegada”
Iniciamos o trimestre recordando a visita que o alumnado de 1º de Bacharelato de Artes realizou á fantástica exposición “A cidade é a pegada”, da man de Alexandra R. Rey e Basilisa Fiestras, que nos fixeron de cicerones contándonos historias ben curiosas da nosa cidade. Alí puidemos gozar do contido da mostra, mais tamén da […]