O grupo de 1º de Bacharelato de Artes volveu acudir ao Teatro Principal de Pontevedra, invitado polo Festival “Novos Cinemas”. Os rapaces e rapazas puideron ver unha orixinal e interesante película titulada “Un cielo impasible”, sobre a Guerra Civil e a Memoria Histórica, e participaron nunha rolda de preguntas ao seu director David Varela, acompañados por Suso Novás, director do festival.
A experiencia non os deixou indiferentes!



