IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Día do Libro

O luns 24 de abril conmemoramos o Día do Libro na biblioteca do centro cun recital de poesía en todas as linguas impartidas nel: galego, castelán, francés e inglés. Tras a lectura de cada un dos textos,  escoitouse unha das súas versións musicadas. Todo o acto se acompañou coa montaxe audiovisual realizada pola profesora Esperanza Gesteira, a quen agradecemos tanto o seu gusto estético coma a súa valiosa axuda.
Damos tamén as grazas ao alumnado e profesorado implicado no acto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email