Orbil Parque Boleira

Que orgullosos estamos do noso Orbil! Estavos agardando no Parque Boleira… non deixedes de ir visitalo! Grazas novamente á organización do @salondolibrodepontevedra por contar con nós un ano máis… Agardamos que o noso Orbil vos guste tanto coma a nós!

Día do Libro

O luns 24 de abril conmemoramos o Día do Libro na biblioteca do centro cun recital de poesía en todas as linguas impartidas nel: galego, castelán, francés e inglés. Tras a lectura de cada un dos textos,  escoitouse unha das súas versións musicadas. Todo o acto se acompañou coa montaxe audiovisual realizada pola profesora Esperanza […]