Ler no verán 2022-23

Coma tódolos anos, a biblioteca do I.E.S. Frei Martín Sarmiento fai unha serie de recomendacións de lectura para o periodo estival. Pódese consultar a deste ano no seguinte enlace.
Filosofía na mirada

A outra exposición que estamos a desfrutar estes días no noso instituto, vencellada ao Plan Proxecta “Fotografía en curso”, titúlase “Filosofía na mirada” e amosa unha serie de fotografías que tiñan como principal obxectivo crear unha obra combinando pensamento filosófico e creatividade artística. Aproveitando o traballo previo (dende a fiestra, retrato, diario de luz ou […]
“Un día na residencia”

“Un día na residencia” é unha das exposicións fotográficas que temos actualmente no vestíbulo do noso instituto. Esta mostra é o resultado dunha actividade vencellada ao Plan Proxecta “Fotografía en curso”. O alumnado de 3º de PDC, 1º de Bacharelato A y 4º de ESO C visitou aos residentes da Residencia de maiores de Campolongo, […]
Andaina polo medio ambiente

Os mozos e as mozas do Clube contra o cambio climático saben ben que para poder desfrutar da natureza é preciso coidala. Esta semana, co galo do Día Mundial do Medioambiente, fomos de andaina ata as cascadas do Barosa polo camiño portugués, onde ademais de pasalo moi ben exercitando as pernas (foron uns campeóns), ollando […]
Compartindo unha experiencia vital

A semana pasada a nosa alumna Keziah Mensah, estudante do ciclo medio de mecanizado, participou nunha emotiva actividade organizada entre o Ceip de Marcón e a Aula de Emprendemento do noso centro. Keziah, natural de Ghana 🇬🇭, ofreceu ao alumnado de 4º e 5º de primaria do @ceipmarcon unha charla sobre a problemática da contaminación e escasez […]
Celebración das Letras Galegas na Deputación

O grupo participante no recital poético-musical do Día do Libro asistiu a unha actividade teatral na Deputación de Pontevedra o 22 de maio. A obra, representada polo artista Serafín Marco, recreaba episodios vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas neste ano 2023, Francisco Fernández de Riego. Como se pode observar nas fotos, as […]
Axudas material escolar curso 23/24

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso […]
Visita Exposición “Desde a fiestra”

O grupo de 1º de Bacharelato de Artes do IES Frei Martín Sarmiento queremos convidarvos a visualizar a nosa exposición “Desde a fiestra”, que temos colocada na entrada do noso centro e tamén exposta no apartado de exposicións desta web. https://www.fotografiaencurs.org/ca/content/desde-fiestra-desde-la-ventana Esta actividade está enmarcada no Plan Proxecta “Fotografía en curso”. Veredes que a exposición está […]
Correlingua

Unha nova edición do Correlingua onde o noso instituto estivo representado polo alumnado de 1⁰ ESO e 1⁰ PDC. Ao berro de “Na casa, na escola, bota lingua fóra!”, preto de 1500 alumnos e alumnas procedentes de diferentes centros da comarca reivindicaron dun xeito lúdico o noso idioma. O vindeiro ano voltaremos!!!
Festa de graduación de 2º de Bacharelato

Onte foi un día moi especial para o alumnado e profesorado de 2º de Bacharelato… Un ano de moito traballo, esforzo e ilusión que festexamos nun acto de graduación cheo de diversión e moi moi emotivo… Grazas aos presentadores/as, músicos e alumnado e profesorado que interviñestes dalgunha maneira para facer que esta festa fora inesquecible… […]