IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Filosofía na mirada

A outra exposición que estamos a desfrutar estes días no noso instituto, vencellada ao Plan Proxecta “Fotografía en curso”, titúlase “Filosofía na mirada” e amosa unha serie de fotografías que tiñan como principal obxectivo crear unha obra combinando pensamento filosófico e creatividade artística.

Aproveitando o traballo previo (dende a fiestra, retrato, diario de luz ou poéticas) ou cunha nova foto debian incluír de xeito visible unha pregunta filosófica, relacionada ca imaxe da foto.

As indicacións eran as seguintes 1 – A fotografía debe ser orixinal (feita polo alumno ou alumna) 2 – a fotografía pódese compoñer e/ou modificar 3 – a pregunta filosófica debe ser parte da composición 4 – a pregunta debe ser o único texto engadido á imaxe, aínda que ésta pode incluir textos.

O traballo foi elaborado por 1º de Bacharelato de Artes coa súa profesora Alba Peinado.

Parabéns e grazas por facérmonos cuestionar asuntos tan interesantes! 

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email