O grupo de 1º de Bacharelato de Artes do IES Frei Martín Sarmiento queremos convidarvos a visualizar a nosa exposición “Desde a fiestra”, que temos colocada na entrada do noso centro e tamén exposta no apartado de exposicións desta web.
https://www.fotografiaencurs.org/ca/content/desde-fiestra-desde-la-ventana
Esta actividade está enmarcada no Plan Proxecta “Fotografía en curso”. Veredes que a exposición está formada por dípticos, nos que as fotografías amósanse acompañadas por un debuxo a tinta chinesa e un haiku.
A idea era afondar un pouco máis nas emocións que nos provocaban as fotografías a través dun traballo interdisciplinario.
Sentímonos moi orgullosos… e agardamos que desfrutedes moito do noso traballo.














