IES FREI MARTÍN SARMIENTO

“Un día na residencia”

“Un día na residencia” é unha das exposicións fotográficas que temos actualmente no vestíbulo do noso instituto.

Esta mostra é o resultado dunha actividade vencellada ao Plan Proxecta “Fotografía en curso”.

O alumnado de 3º de PDC, 1º de Bacharelato A y 4º de ESO C visitou aos residentes da Residencia de maiores de Campolongo, acompañados polas súas profesoras Emma Alonso e Mercedes Sans.

Os homes e mulleres que alí viven falaron coa rapazada compartindo as súas experiencias de vida e deixáronse fotografar por eles.

Estes retratos foron imprimidos e montáronse en dous libros en formato acordeón nos que se combinan as imaxes cos textos relacionados coas súas experiencias.

Estes libriños vanse levar como agasallo á residencia, para que os maiores teñan un bonito recordo desta experiencia que para o noso alumnado, de seguro, vai ser inesquecible.

Fermosísimo traballo!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email