IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Compartindo unha experiencia vital

A semana pasada a nosa alumna Keziah Mensah, estudante do ciclo medio de mecanizado, participou nunha emotiva actividade organizada entre o Ceip de Marcón e a Aula de Emprendemento do noso centro.

Keziah, natural de Ghana 🇬🇭, ofreceu ao alumnado de 4º e 5º de primaria do @ceipmarcon unha charla sobre a problemática da contaminación e escasez da auga no seu país e as enfermidades que provocan nas persoas. Sensibilizou aos máis pequenos no impacto ambiental 🌍 que provocan os impresionantes vertedoiros de residuos electrónicos e de roupas usadas que existen nas cidades ghanesas de Agbogbloshie (Acra) e Kpong.
…E como guinda da xornada bailamos con Keziah danzas tradicionais ghanesas 🪘e agasallamos aos pequenos con pulseiras solidarias destinadas á construcción do “Colegio Liberty Home” en Achinakrom (Ghana).

Grazas á asociación sen ánimo de lucro @ghanas_de_vivir por axudarnos a ser solidarios.
E GRAZAS e PARABÉNS Keziah pola túa fantástica participación nesta actividade! 👏🏻👏🏻❤️🌍🇬🇭♻️

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email