IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Asociación de Familias de Menores Trans

Hai uns días visitou o IES Frei Martín Sarmiento Cristina Palacios de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. Ao longo de tres sesión polas que pasaron alumnado da ESO, Bacharelato e FP Básica escoitaron con atención e entusiasmo a charla que levaba por título “Diversidade afectivo-sexual, igualdade de oportunidades e contra a LGTBIfobia”. Ao remate de cada sesión houbo unha quenda de intervención para formular dúbidas, curiosidades ou aclaracións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email