O martes e mércores da pasada semana o alumnado de 3º de PDC, 1º de Bacharelato A e 4º de ESO C participante no proxecto “Fotografía en curso”, visitou aos residentes da Residencia de maiores de Campolongo acompañado polas súas profesoras Mercedes Sans e Emma Alonso.
Agradecemos a Juanjo, o director da Residencia, a súa colaboración e, sobre todo, o recibimento dos residentes que charlaron co noso alumnado, compartindo a súas experiencias de vida. O encontro resultou emocionante e enriquecedor, unha visita que repetiremos con gusto.