IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Viaxe de estudos a Dublín

Entre o 18 e o 25 de febreiro, 15 alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato do noso centro realizaron unha viaxe de estudos a Dublín no que desfrutaron dunha semana de inmersión linguística organizada polo departamento de inglés en colaboración coa axencia Nubra e a EC School of English da capital irlandesa. O alumnado participante convivíu con familias irlandesas e asistíu a un curso de inglés. No Trinity College visitaron a súa famosa biblioteca e contemplaron o manuscrito iluminado de Kells. Tamén visitaron a sección de arqueoloxía do National Museum of Ireland, e se achegaron ao proceso criativo dun premio Nobel de Literatura durante a visita á exposición “Seamus Heaney: Listen Now Again”. Por suposto, houbo tempo para ir de compras, desfrutar de Dublín paseando como dublineses e achegarse todo o posíbel aos cervos salvaxes de Phoenix Park!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email