Charla de Gonzalo Navaza

O día 28 de novembro de 2024, convidado polo Departamento de Normalización Lingüística, veu dar unha conferencia ao noso instituto o catedrático da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza Blanco. Os alumnos de 1º bacharelato leron, previamente, o libro de relatos de Navaza titulado Erros e Tánatos (1996). Como autor deste libro a súa charla versou sobre a […]

Peiteados

Marabillosos traballos das alumnas de marketing peiteados modular. Simulan a decoración do Nadal dun escaparate dun establecemento de estilismo de salón de peiteado. Son traballos de reciclaxe feitos sobre cabezas sen pelo, despois de ser utilizadas nas clases prácticas de peiteado, corte e estilismo. Cando resultan xa inservibles para traballar, convértenas en obras de arte nas que plasman os coñecementos adquiridos nos […]

Club de Lectura de FP

A semana pasada tivemos a primeira reunión do noso club de lectura de estudantes de FP, e menuda pasada!  Xuntámonos para comentar Fahrenheit 451  de Ray Bradbury, clásico distópico que nos sitúa nunha sociedade futura na que os libros están prohibidos.  Falamos de distopías, utopías, dilemas existenciais, cómics, ciencia ficción e pelis que nos gustan.  O mellor? As […]

Leonardo da Vinci

Nos últimos días de novembro diferentes grupos da ESO tiveron ocasión de visitar a exposición Leonardo Da Vinci. Observa, cuestiona, experimenta, situada na Praza de España. A través dun vídeo informativo, unha serie de xogos interactivos e unha explicación da súa biografía puidemos coñecer os inventos e creacións desta destacada figura do Renacemento.

Festival Novos Cinemas

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes achegouse unha vez máis ao Teatro Principal para gozar dunha sesión de cine programada, para eles, polo Festival de Novos Cinemas de Pontevedra. A película resultou francamente interesante e o coloquio posterior con Suso, permitiu afondar moito máis en todos os aspectos tratados no filme. […]

Etiqueta negra

Visita do CS Laboratorio e Dietética á Feira de Alimentación Etiqueta Negra Como outros anos, o inicio de curso xa non o podemos concibir sen que o noso alumnado coñeza de primeira man os produtos artesanais galegos máis novidosos e innovadores que nos presentan nesta feira alimentaria. Nos distintos stands puidemos atopar e probar os […]

Exposición Simultánea

Os rapaces e rapazas de 1º ESO acudiron o pasado venres a visitar a exposición Simultánea, na sede de Afundación en Pontevedra.  Alí xogaron, seguindo unha serie de pistas propostas, a descubrir nos cadros ideas fundamentais da arte, como son o movemento, a materia, a cor, a luz, etc. E tamén fixeron unhas fantásticas obras […]

Mulleres emprendedoras

Maraiva Sentir Natural é unha marca de cosmética natural galega que mistura tradición e innovación. O noso alumnado da familia profesional de imaxe persoal tivo a oportunidade de coñecer da man da súa fundadora Mariña Búa a historia do seu emprendemento, os férreos valores de sostenibilidade e solidaridade que o sustentan e tamén os erros que […]

Novo Espazo de Tecnoloxía Aplicada

O proxecto de Espazo de Tecnoloxía Aplicada na FP: Aula CAD/CAM 4.0 transformou a aula clásica de CNC nun espazo tecnolóxico de CAD/CAM.

Taller de Aromaterapia

Canto nos gusta aprender de emprendedores da nosa contorna….!! Grazas Noelia Solar de @_esenciaviva_ por guiarnos neste bonito taller de Aromaterapia e elaboración de velas de masaxe. Unha experiencia única para o grupo de alumnas de 2º curso do ciclo superior de Estética Integral e Benestar na que aprendemos sobre os beneficios da aromaterapia para […]