Maraiva Sentir Natural é unha marca de cosmética natural galega que mistura tradición e innovación. O noso alumnado da familia profesional de imaxe persoal tivo a oportunidade de coñecer da man da súa fundadora Mariña Búa a historia do seu emprendemento, os férreos valores de sostenibilidade
e solidaridade que o sustentan e tamén os erros que cometeron e que axudaron a crecer a súa marca.
Muller emprendedora, galega, no rural, sostible e solidario…. Este proxecto non nos pode gustar máis!
GRAZAS Mariña por compartir con tanto cariño e de xeito tan cristalino co noso alumnado, os pasos e os teus consellos para emprender nun negocio de cosmética natural que seguro lles servirán de referencia para o seu futuro profesional
.
Esta actividade está organizada e financiada pola Aula de Emprendemento do Ies Frei Martín Sarmiento.
@maraivasentirnatural @imaxepersoalfreimartin
#cosmeticanatural #auladeemprendemento #FpGalicia #mulleresemprendedoras #champúsolido #cosmeticasostenible







