IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Club de Lectura de FP

A semana pasada tivemos a primeira reunión do noso club de lectura de estudantes de FP, e menuda pasada! 

Xuntámonos para comentar Fahrenheit 451  de Ray Bradbury, clásico distópico que nos sitúa nunha sociedade futura na que os libros están prohibidos. 

Falamos de distopías, utopías, dilemas existenciais, cómics, ciencia ficción e pelis que nos gustan. 

O mellor? As risas, as recomendcións e o bo rollo entre todxs! 

Se che gusta ler e queres pasar un bo rato compartindo ideas, este é o teu sitio!  🙌 

A próxima reunión será á volta de Nadal, e o libro escollido “Fundación” de Isaac Asimov (dispoñible para empréstito na biblioteca do instituto). 

 Únete ao club e ven compartir momentos únicos connosco. 🔥

#ClubDeLecturaFP #IESFreiMartínSarmientoFP #AFPtaménLe #Fahrenheit451 #Fundación #LerMola #BoRollo  #RayBradbury #Asimov

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email