Marabillosos traballos das alumnas de marketing peiteados modular. Simulan a decoración do Nadal dun escaparate dun establecemento de estilismo de salón de peiteado. Son traballos de reciclaxe feitos sobre cabezas sen pelo, despois de ser utilizadas nas clases prácticas de peiteado, corte e estilismo. Cando resultan xa inservibles para traballar, convértenas en obras de arte nas que plasman os coñecementos adquiridos nos distintos módulos de peiteado e a súa creatividade fai o resto. Pódense ver expostos na vitrina de imaxe persoal na entrada do instituto.



