Nos últimos días de novembro diferentes grupos da ESO tiveron ocasión de visitar a exposición Leonardo Da Vinci. Observa, cuestiona, experimenta, situada na Praza de España. A través dun vídeo informativo, unha serie de xogos interactivos e unha explicación da súa biografía puidemos coñecer os inventos e creacións desta destacada figura do Renacemento.





