Visita do CS Laboratorio e Dietética á Feira de Alimentación Etiqueta Negra
Como outros anos, o inicio de curso xa non o podemos concibir sen que o noso alumnado coñeza de primeira man os produtos artesanais galegos máis novidosos e innovadores que nos presentan nesta feira alimentaria.
Nos distintos stands puidemos atopar e probar os diferentes produtos, que van dende os tés do Areeiro, marmeladas, mel, aceites, embutidos, tortas, pastas, algas, viños, alimentos preparados veganos e queixos, que este ano se engloban en “Artesanía alimentaria”. Moitos destes produtos foron degustados en catas comentadas e talleres de “cociña en directo”.









