Os rapaces e rapazas de 1º ESO acudiron o pasado venres a visitar a exposición Simultánea, na sede de Afundación en Pontevedra. Alí xogaron, seguindo unha serie de pistas propostas, a descubrir nos cadros ideas fundamentais da arte, como son o movemento, a materia, a cor, a luz, etc. E tamén fixeron unhas fantásticas obras abstractas colaborativas. Que ben se pasa creando en grupo!









