AFD – Mecanizado por arranque de labra

O IES Frei Martín Sarmiento vai desenvolver entre o 07 de Abril e o 17 de Outubro (vacacións en agosto) unha Acción Formativa (AFD) gratuíta enfocada principalmente a desempregados inscritos na oficina de emprego cun nivel mínimo da ESO ou certificado de profesionalidade de Nivel 1 da mesma familia profesional, e que dará acceso a obtención dun certificado […]
Información solicitude becas
O prazo para a solicitude de becas xerais para o curso 2025/2026 será do 24 de marzo de 2025 ás 8:00 ata o 14 de maio ás 15:00. Máis información: Becas de Educación
Viaxe a París

O alumnado de 2º, 3º e 4º ESO en París.
Visita aos Museos científicos da Coruña

O alumnado de 3º ESO realizou unha visita aos Museos científicos da Coruña.
Invisibles

Recentemente os alumnos de 1º de Bacharelato tiveron un encontro na biblioteca do noso centro con Montse Fajardo, autora do libro “Invisibles”, no que relata a historia de maltrato recibido por varias mulleres a mans das súas parellas. Montse veu acompañada de “Eva”, protagonista dun dos capítulos, quen nos fixo ver o difícil que resulta […]
Maquillaxe no CEIP de Marcón

#AprendizaxeServizo Práctica real de Maquillaxe no CEIP de Marcón O noso alumnado de 1º curso do ciclo medio de Estética e Beleza enfrentouse a un reto real: unha práctica de maquillaxe cos nenos e nenas do CEIP de Marcón, transformándoos en adorables Avatares. Foi unha marabillosa oportunidade que lles permitiu aprender a planificar un servizo, […]
Venres de Entroido

Este venres celebramos o Entroido no pavillón do Frei. Os grupos participantes desfilaron e fixeron coreografías ante público e xurado. Todo amenizado por DJ Geagle, estudante de Electricidade do noso centro. Foron tres os grupos gañadores: Os rapeiros de 1 Bach C, Emojis de CAE-B e Anos 20 de 2 ESO B. Noraboa!!
O equipo SUNRISE na Final do YBT

O equipo SUNRISE, integrado por Estela Abilleira, Lía Bascoy e Yossra Zendi, conseguíu clasificarse para a final nacional do Young Business Talents. O YBT é un programa no que o alumnado ten que tomar diferentes decisións sobre a xestión dunha empresa, decisións sobre produción, contratación, capacidade produtiva, publicidade, canles de distribución e outros factores que […]
TURISMO MARIÑEIRO

Marisqueo por un día cos alumnos do CS Dietética, organizado pola Cofradía Pastoriza de Vilanova de Arousa. A xornada incluíu unha explicación teórica na Lonxa de Vilanova e unha práctica do marisqueo na zona do Terrón de Vilanova, compartindo a actividade coas mariscadoras.
Preparados para dar o salto

#EducaciónFinancieira #PreparadosParaoSalto #PlanEduemprendeDentro do Plan Eduemprende, o alumnado de FP e de Bacharelato do noso centro tivo a sorte de recibir a Carlota Sánchez, Coordinadora da Área de Educación Superior de //Afundación Abanca, quen impartiu unha dinámica charla chea de exemplos prácticos sobre conceptos financeiros clave para o noso día a día. En 50 minutos […]