IES FREI MARTÍN SARMIENTO

AFD – Mecanizado por arranque de labra

O IES Frei Martín Sarmiento vai desenvolver entre o 07 de Abril e o 17 de Outubro (vacacións en agosto) unha Acción Formativa (AFD) gratuíta enfocada principalmente a desempregados inscritos na oficina de emprego cun nivel mínimo da ESO ou certificado de profesionalidade de Nivel 1 da mesma familia profesional, e que dará acceso a obtención dun certificado de profesionalidade de nivel 2, con formación teórico-práctica nas aulas e talleres do centro e prácticas en empresas do sector de mecanizado. 

Dita actividade pertencente á área profesional de Fabricación Mecánica, denominada Mecanizado por arranque de labra (FMEH0109), permite adquirir como competencia xeral a realizar os procesos de mecanizado por arranque de labra, controlando os produtos obtidos e responsabilizándose do mantemento de primeiro nivel das máquinas e equipos, con criterios de calidade, seguridade y respecto ao medio ambiente.

A inscrición realizarase na Oficina de emprego de Pontevedra https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion=2025/000549-01 ou ben no propio centro, preguntando por Héctor Costa (coordinador da AFD), dende o Mércores día 19 de Marzo.

Realizarase unha proba de selección que terá lugar o día xoves, 3 de Abril ás 18:30h, tendo que presentar unicamente o DNI, o título da ESO e a tarxeta de demandante de emprego no caso de que sexan desempregados. O horario no que se desenvolverá a docencia será de 16:00 a 22:00h de luns a venres nos meses de marzo ó 20 xuño (sen incluír festivos), e de 08:00 a 14:00h do 23 de Xuño e no mes de xullo, para rematar o 19 de setembro (có mes de Agosto libre) cun horario de 16:00 a 22:00h. A partir do 22 de Setembro ata o 17 de Outubro o horario será o establecido pola empresa asignada a cada alumno/a, onde realizarán prácticas relacionadas coa actividade formativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email