O equipo SUNRISE, integrado por Estela Abilleira, Lía Bascoy e Yossra Zendi, conseguíu clasificarse para a final nacional do Young Business Talents. O YBT é un programa no que o alumnado ten que tomar diferentes decisións sobre a xestión dunha empresa, decisións sobre produción, contratación, capacidade produtiva, publicidade, canles de distribución e outros factores que permiten practicar a realidade de xestión dunha empresa nun entorno competitivo.
A final terá lugar en Madrid o próximo venres 21 de marzo.
Parabéns ao equipo SUNRISE polo bo traballo realizado, así como ao resto dos equipos do IES Frei Martín Sarmiento que participaron durante catro meses neste programa.
Moita sorte para a final!!!

