Recentemente os alumnos de 1º de Bacharelato tiveron un encontro na biblioteca do noso centro con Montse Fajardo, autora do libro “Invisibles”, no que relata a historia de maltrato recibido por varias mulleres a mans das súas parellas. Montse veu acompañada de “Eva”, protagonista dun dos capítulos, quen nos fixo ver o difícil que resulta detectar o maltrato, e ser consciente de que eres unha víctima do mesmo. Ademais puidemos ver que non existen perfís ou patróns das víctimas, e que calquera pode verse nunha situación similar sen decatarse.



