IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Preparados para dar o salto

#EducaciónFinancieira   #PreparadosParaoSalto  #PlanEduemprende
Dentro do Plan Eduemprende, o alumnado de FP e de Bacharelato do noso centro tivo a sorte de recibir a Carlota Sánchez, Coordinadora da Área de Educación Superior de //Afundación Abanca, quen impartiu unha dinámica charla chea de exemplos prácticos sobre conceptos financeiros clave para o noso día a día.  
En 50 minutos Carlota foi quen de transmitirnos de forma maxistral moitos consellos e reflexións sobre o valor que lle damos aos cartos, a importancia dunha boa xestión persoal ou sobre os riscos actuais de ciberseguridade.
Grazas, Carlota, pola túa paixón e capacidade de comunicación. Que importante é aprender a xestionar ben o noso diñeiro!!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email