#AprendizaxeServizo
Práctica real de Maquillaxe no CEIP de Marcón
O noso alumnado de 1º curso do ciclo medio de Estética e Beleza enfrentouse a un reto real: unha práctica de maquillaxe cos nenos e nenas do CEIP de Marcón, transformándoos en adorables Avatares. Foi unha marabillosa oportunidade que lles permitiu aprender a planificar un servizo, aplicar o aprendido en situacións auténticas, resolver problemas e, por suposto, demostrar o talento e a creatividade destes futuros profesionais que veñen pisando moi forte.
Parabéns ao noso alumnado, e moitas grazas a toda a comunidade do @ceipmarcon pola confianza e pola oportunidade de deixarnos aprender con vós!
#FormaciónProfesional #Maquillaxeprofesional #AprendizaxeServizo #FPGalicia #EstéticaeBeleza #colaboracióneducativa