A festa do amor e da amizade no IES Frei Martín Sarmiento

O pasado venres 14 de febreiro, día de San Valentín, o grupo musical Metamorfosis deleitou cun sensacional concerto a todos os que se achegaron ao espazo Nuncaxamais.  Ademáis, o alumnado do Club Atlantis preparou un fermosísimo buzón no que, durante a semana, todos os que quixeron puideron depositar as cartas de amor ou amizade que […]

Innovart

Departamento de Artes Plásticas Innovart + Exposición Tattoo O alumnado de 1⁰ e 2⁰ de Bacharelato de Artes acudiu á feira “Innovart”, de ensinanzas relacionadas coas artes, na Cidade da Cultura en Santiago. Alí acadaron información moi valiosa para o seu futuro académico. Asemade, aproveitaron para gozar da exposición “Tattoo. Arte baixo a pel”, no […]

Bodega Pazo Baión

Visita dos alumnos do C.S. Dietética á Bodega de Pazo Baión.Recorrido pola finca, palomar e bodega, con explicación da elaboración e cultivo do viño.Terminamos o recorrido con cata e degustación dos seus viños, pertencentes á cooperativa Condes de Albarei.

Programa de Educación Cívico-Tributaria

Hoxe, o alumnado de 1º de bacharelato B visitou as instalacións da AEAT dentro do Programa de Educación Cívico-Tributaria. A Axencia Tributaria vén desenvolvendo desde o ano 2003 o Programa de Educación Cívico-tributaria (PECT), como un programa educativo cuxo obxectivo é explicar á cidadanía máis nova o impacto que o sistema fiscal, na súa dobre vertente de […]

Campamento na Illa de Ons

A ANPA do nos IES organiza un campamento na Illa de Ons os días 7 e 8 de xuño de 2025 dirixido a todo o alumnado do centro. Máis información no apartado da ANPA XOCAS na web (dentro da información para Alumnado/Familias).

Obradoiro de Pedro Feijoo

O pasado mércores 29 a nosa biblioteca actúo como espazo acolledor de talentos e emocións. Na última sesión do obradoiro de Pedro Feijoo, o alumnado tivo ocasión de amosar algunhas das súas creacións ao autor vigués.  A experiencia resultou moi enriquecedora tanto para a rapazada, que o viviu como unha oportunidade de expresárense e reflexionar […]

Club de lectura de FP

O pasado martes tivemos a segunda reunión do noso Club de Lectura de FP, onde comentamos a obra Fundación de Isaac Asimov.  A trama, ambientada nun futuro afastado, fálanos da caída inevitable dun gran imperio galáctico e do plan de Hari Seldon, baseado na psicohistoria, para crear unha “Fundación” que garanta o renacemento dunha nova civilización. A través […]

OUVEO FEROZ. VÍDEOS PODCAST

Coa gala dos Premios Feroz este sábado 25 de xaneiro culminan uns meses nos que Pontevedra respirou cine polos catro costados. Foron perto de 30 encontros entre actores e creadores do mundo audiovisual e o público da cidade. A través da iniciativa OUVEO FEROZ, alumnas de 1º de Bacharelato de Artes tiveron a oportunidade de […]